A tranquilidade da vila de Serramoura vese truncada cando Mónica Triáns aparece asasinada no monte.
O crime de Mónica Triáns destapa o lado escuro de Serramoura, unha aparentemente tranquila vila do interior.
Un asalto a unha farmacia aporta novas pistas sobre a morte de Mónica.
Un atraco a punta de pistola nun banco volve conmocionar Serramoura.
Un grande incendio prende nos montes de Serramoura.
Os datos dun móbil poden ser a chave para clarexar a morte de Mónica.
Mónica Triáns unha vítima pouco inocente.
Mónica Triáns ía marchar de Serramoura.
Pancho sae de prisión descartado como sospeitoso do asasinato de Mónica e o xuíz reabre o caso.
Un dos Fiuza responsable do asasinato.
A faciana do asasino ao descuberto.
A Garda Civil sabe que Gonzalo Soutelo é o asasino de Serramoura.
Buscan a Gonzalo Soutelo.
Unha nova vítima, un novo caso.
Identifican a muller desaparecida.
Asalto ao cuartel da Garda Civil.
Quen disparou no enfrontamento entre Marga Neira e a presunta toupa, o tenente Tomás Penedo?
Evaristo non sabe que Román e Roque son socios. O fillo de Fiúza e o marido de María montaron un viveiro para non ter que render contas a ninguén.
Pasaron meses dende a morte de Gonzalo Soutelo e a situación complicouse co enfrontamento entre Santos e Evaristo, que pillou no medio á Garda Civil.
Gloria está perdida. Evaristo coñece o plan que ela ten para deixalo sen patrimonio, as mañas que usa para enfrontalos a el e a Román e como se aliou con Hugo.
A estraña desaparición dunha moza nos montes da localidade e un sospeitoso accidente duns sendeiristas poñen de novo en alerta os homes do tenente Penedo.
Silvia Pardo, a filla pequena de Roque e María, foi secuestrada e o tempo corre en contra dos axentes da Garda Civil de Serramoura.
O secuestrador lanza un ultimato a Roque: elixir entre a vida da súa filla e a da súa muller. O matrimonio recibe a mensaxe no peor momento.
O secuestrador de Silvia Pardo está morto. A sarxenta Inés Carro primou o seu desexo de capturalo antes que a liberación da filla de Roque e María.
Un cadáver apareceu nos montes de Serramoura. Son os restos dun crime que puido suceder hai 30 anos e do que ninguén tiña noticia... salvo o asasino.
Serramoura
Mónica Triáns aparece asasinada nun monte de Serramoura. Para investigalo chega á vila o garda civil Diego Bazán quen, xunto coa sarxento local Marga Neira, intentarán dar coa solución do caso. Pero os segredos que gardan os veciños e o conflito entre as dúas principais familias, os Soutelo e os Fiuza, complicarán a investigación