'Conectad@s en familia' é un programa que ten como obxectivo abrir un debate na sociedade sobre os desafíos das novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) na vida dos rapaces e dos adolescentes. Partindo da opinión dos mozos e mozas galegas, as familias, os educadores e os especialistas de distintos ámbitos abordan os perigos do mundo dixital e as súas consecuencias.