Unha parella en crise chega á illa de Ons para pasar o verán. A estadía prolóngase e, cando empezan a recuperarse, unha misteriosa e amnésica muller estranxeira aparece na praia tras un naufraxio no medio dun temporal. A partir dese momento xa nada volverá ser o que era.