A colocación dos pronomes pode ser unha das cousas máis complexas da nosa lingua. Esther recorda neste episodio que, na maioría dos casos, o pronome vai despois do verbo. E fai un xogo de palabras fácil e divertido co exemplo erróneo “o sinto”.