Vivir o mar | 17-03-2024

A mexilla | Os produtores | Pescadegalicia

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Vivir o mar | 17-03-2024

A fondo: Saber máis da mexilla. Un grupo de investigadores do centro de Investigacións Mariñas de Vigo está estudar o reclutamento de mexilla, sobre todo, e tamén percebe pola zona de fóra da ría, en Cabo Home e Oia. A extracción de mexilla causou fortes discrepancias nos últimos tempos entre bateeiros e percebeiros e está a ser obxecto de diferentes proxectos para cultivala, pero, de momento, é aquí, no medio natural, onde se fornecen moi maioritariamente os produtores de mexillón. Outro mar: "Se eu non produzo, ti non comes". Unha mensaxe directa que trata de mellorar o coñecemento e a imaxe do sector primario en xeral e do pesqueiro en particular. A campaña das cooperativas agroalimentarias de España foi presentada en Vigo na sede de Arvi. A idea básica é difundir e reivindicar o traballo no agro e no mar. Outro mar: 20 anos de Pescadegalicia. Pescadegalicia leva 20 anos ofrecendo información sobre a actividade das 65 lonxas galegas. Coincidindo con este vixésimo aniversario a plataforma estrea unha actualización do sistema que mellora as buscas e amplía as posibilidades desta ferramenta.