A etimoloxía é a culpable
Mellora o teu galego cada día.
Digochiño non é mexericas
Triunfo cun trunfo
Ao romper un testo, escachámolo e tamén o escarallamos
Vaia peiteado trae Esther!
Cabaciña que vale por dúas
Que lle di o cibercarracho a Esther?
Non cometas unha *traición.
Sabes o que significa 'engorde' en galego?
No lugar dun <h>, poñemos un <f> para poder cociñar.
Chéganche, a través de mensaxes ou correos, ofertas comerciais ou laborais incribles? Esther advírtenos do perigo de compartir os datos bancarios, tanto mediante as ligazóns que nos chegan con ofertas de emprego, coma con persoas que se fan pasar por...
Esther explícanos cal sería o termo correcto para o castelanismo 'mermar'
No galego, coma no castelán, cando nos referimos a alguén que está cheo de babas dicimos que é un baboso ou unha babosa. O mesmo termo que empregamos para referirnos a alguén que fala con pouco respecto polos demais. Esther ensínanos que sinónimos de...
Neste capítulo Esther responde á dúbida de se o correcto é dicir "aquí" ou "eiquí". Explícanos que a forma que recoñece a RAG é "aquí", pero que "eiquí" é unha variante dialectal moi común en Ourense.
Pode ser complicado entender que idioma fala a Señora de Palmírez, por iso Esther nos explica neste capítulo que é o castrapo.
Dende o #DígochoEu respondemos unha pregunta de actualidade: como se di 'merchandising' en galego.
Cantas veces usaches a expresión 'sen embargo' sen saber que era incorrecta en galego? Hoxe Esther explica a conxunción ou locución que debemos usar cando queremos introducir unha puntualización sobre algo que se dixo anteriormente.
No ‘DígochoEu’ abunda o traballo, pero abondan uns segundos para ver un vídeo. "Abundar" e "abondar" son dous termos moi semellantes na escrita, pero teñen un significado moi diferente, que nos explica Esther neste capítulo.
Hai quen pensa que o galego lle leva sempre a contra ao castelán, sobre todo co b e co v. Hai palabras que en galego escribimos con v e en castelán con b, como por exemplo, avogado, que só se diferencia nesa letra. Esther deixa claro quen leva a cont...
Meterse con Digochiño é case un deporte nacional para Esther, que hoxe nos fala do termo que máis emprega para amolalo: mamalón, un adxectivo que define perfectamente este raposiño con pouca gana de facer nada.
Senta nunha poltrona
Esther está moi ben peiteada, co pelo cheo de ondas. Pero para facelo non puxo "rulos", porque un "rulo" é unha ave. Entón, que pon Esther no pelo para que lle quede así? "Rolos"! Si, coma os do papel hixiénico. Ah! En galego os "rolos" son a única c...
Preguntáronnos como se din correctamente os nomes dos países de América do Norte. Esther resolve a dúbida país por país, e anima a xente a que siga facéndolle preguntas.
Escoitamos a diario os verbos "arrancar" e "arrincar", pero moitos galegos e galegas non teñen claro se ambas formas son correctas. Resolvemos esta cuestión por medio de exemplos.
A colocación dos pronomes pode ser unha das cousas máis complexas da nosa lingua. Esther recorda neste episodio que, na maioría dos casos, o pronome vai despois do verbo. E fai un xogo de palabras fácil e divertido co exemplo erróneo “o sinto”.
Resolvemos unha dúbida da audiencia. “Apaciguar” é un castelanismo, así que Esther enumera todas as formas que hai no galego para este verbo.
Unha seguidora da conta de Instagram do ‘DígochoEu’ preguntou se en galego é correcto dicir “lingüeta do zapato”. Esther resolve esta dúbida poñendo varios exemplos esclarecedores.
O verbo "regañar" é correcto tanto en galego coma en castelán, pero non significa o mesmo nas dúas linguas. Axudándose de exemplos e cun ton humorístico, Esther aclara estes conceptos.
Falamos do acento diacrítico e de como este afecta á pronuncia das palabras que o levan. Esther explica os significados de "besta" e "bésta" marcando ben as vogais abertas e pechadas.
Abordamos o vocabulario relacionado coas catarreiras e as gripes. Para iso Esther explica que en galego non é correcto dicir que “estamos roncos”.
#DígochoEu
O #DígochoEu é un proxecto de servizo público da CRTVG para achegar o galego dunha forma dinámica e entretida, aberto á participación da xente nova e da comunidade educativa.