Imos a México para subir unha cima nevada de máis de 5.000 metros de altitude e para baixar un tramo do caudaloso río Bobos en rafting. Lembramos o descenso do barranco Formiga hai 25 anos e rematamos cunha marca no volcán xaponés Fuji e espectaculares imaxes de ‘slackline’ en Kenya.