Os destinos deste capítulo son a cova Des Coloms, na costa leste de Mallorca, os Pireneos e o gran burato da Grallera del Boixaguer. Carlos Vico dános un consello de supervivencia e vemos a proba de ‘freeride’ máis importante do planeta en Utah (EUA). Tamén nos desprazamos a África para voar en parapente.